miércoles, 30 de mayo de 2007

… / relato

"No hay nostalgia peor que añorar lo que nunca jamás sucedió".
(Joaquín Sabina)


Era un home tranquilo, de 32 anos e unha boa posición, podíase dicir que non lle faltaba nada, el tampouco ansiaba máis. A súa vida era monótona, coma tantas outras. Cada mañá espertábase apagando con suavidade aquel basto aparato elecrónico que dos brazos de Morfeo o arrebataba. Incorporábase, e tras reparar uns instantes en que o seu dormitorio seguía igual que a noite que xa pasara, accedía á ducha a través dunha porta americana, un fetiche que sempre lle gustara. Debaixo da auga, sempre era o mesmo ritual; primeiro enxaboábase todo o cabelo, aclaraba e repetía a mesma operación ó rematar de enxaboarse o corpo. Vestíase e durante vintesete segundos exactamente miraba o seu reflexo no espello…, había días que eses ollos negros parecían inhumanos. Antes de baixar a coller o coche e partir cara a universidade, saudaba á súa única compaña naquel lugar, Aristóteles, un ruso azul de apenas ano e medio.
O día desenvolvíase segundo o previsto: daba clases na universidade até as dúas, comía nun restaurante xaponés e voltaba a dar clase até pouco máis das oito. O traxecto de volta á casa sempre era esgotador, dúas horas nas que o acompañaban o son do claxon e os voceríos de conductores impacientes, aprobeitaba para botar unha cabezada entre un semáforo e outro. Xa na casa, desvestíase e mirabase no espello completamente nú durante vintesete segundos, tal e como facía cada mañá antes de partir cara o traballo… Buscaba quizais algo diferente…, a esas horas xa da noite, a súa cara reflectía cansanzo, todos eses músculos que fraguara de novo entre festa e festa seguían ahí.

...

Esta mañá todo é diferente, xusto cando a noite anterior me dispoñía a alimentar a Aristóteles, o gato non se inmutou, alceino e observei ladeando a cabeza a morbosa mueca que posuía a cara do animal, o corpo estaba máis pesado e os ollos sen emoción. Cerro os ollos e durmo. Esperto nun bar, todo me é coñecido…, estou tranquilo e cun libro na man, Fausto. Despego os ollos do libro para fixarme na procedencia dun tintineo familiar, alguén entrou no bar. Camiña elegantemente até unha mesa perto miña, iba soa. A primeira vista parece unha meniña de 12 anos atrapada no corpo dunha muller. Alí, entre o cheiro a tabaco e café, entre os murmuios dos obreiros na ansiada hora de descanso, ten o semblante dun cordeiriño asustado: gústame.
Pousou os seus ollos no meu libro, a continuación nos meus, sorriu timidamente cando se deu conta de que a miraba. Non lle devolvín o sorriso, queríao para mín. O camareiro achegóuselle, pediu un descafeinado con leite, os seus beizos ó falar eran un reclamo para a miña atención: deliciosos. As súas níveas mans tomaron unha servilleta de papel e remexeron o interior do bolso en busca de algo; sacou un bolígrafo, de esos dos que regalan para facer propaganda. Escribiu torpemente algo na servilleta de papel e recibiu o seu café cun sorriso. Pregunteime se se daría conta de que levaba observándoa dende que entrara no local, sorrín para os meus adentros imaxinando que en lugar dun galán ós seus ollos era un lobo famento…

...

LOBO, esa palabra retumbaba dentro da súa cabeza ó notar o primeiro raio de sol sobre a súa pel. Non escoitara o despertador. Era tarde. Hoxe non iría a traballar, sentíase estrano. Mirouse ó espello como tódalas mañás, sorprendeuse ó non ver máis que a súa habitación baleira…, ou non, abraiado permaneceu enfronte do espello, frotou os ollos, quizáis estaba aínda durmido, a morte de Aristóteles non o afectara tanto, se ben é certo que era o único que tiña. Algo se moveu, mirou detrás súa cara a cama, non había nada. Mirou no espello. Algo se movía cara él. Era a súa imaxe, sorriulle, era irresistible. Decidiu que seguía soñando, a imaxe mirabao con sorna, él non quería fixar os ollos nos desa imaxe… Caeu de xeonllos; as bágoas comezaron a brotar cando mirou a través do espello e veu a Aristóteles cheo de sangue e coas vísceras fora. QUE SUCEDÍA? Levantouse e encarou a imaxe, esta sorriu de novo… En canto as dúas miradas coincidiron viuna a ela.

...


Mirábame cos seus ollos verdes, brillantes, coma se as bágoas foran a asomar no momento menos esperado, sabía que era imposible, agora xa non choraría máis. O seu corpo cálido atopábase embaixo do meu, tamén quente e aínda excitado. Os seus peitos nus permanecían ríxidos, perlados pola suor. Nese momento eran perfectos. Nese momento toda ela era perfecta. Acheguei a miña boca ós seus beizos para bicalos por última vez, levándome o seu último alento. A servilleta esvarou entre os seus dedos de violinista:
“Eu nada fixen por atraparte,
ti mesmo te deixaches caer na rede.
¡Quen ao Demo pillou debe retelo
que non o collerá tan axiña outra vez!”
Coitadiña…

ºÐðrK_ðiº & merrick


T. Rex - Get it on

4 comentarios:

Ayla, la Loba dijo...

Deus... "até"? Iso é pecado mortal xD

Merrick dijo...

Teño que pedir hora para confesarme T_T XD

ºÐðrK_ðiº dijo...

Faltounos o "xa que logo..."
Que fallo u.u"

Merrick dijo...

v_v Xa nos apropiaremos cos dereitos de autor, veras ti logho ò.ó